Aplicación para gafas de realidade mixta que recrea a máquina e os pasos de cada procedemento. Para practicar as operacións de risco antes de facelas e consultalas paso a paso durante a reparación.
Ante unha reparación crítica, pouco habitual e con risco: con que se prepara? Co manual, cun vídeo ou co que lembra?
Unha reparación crítica que ninguén practicou
É pouco habitual e ten risco. Búscase o manual, chámase ao técnico sénior e, mentres tanto, a produción está parada. Toda a presión recae en quen fai a reparación. E formar para ela é lento: fai falta o sénior e unha máquina libre.
Training XRPiloto rematado
Cando lle toca, xa o fixo antes
Practicar operacións de risco
Sobre a máquina simulada, sen pararla e sen arriscar nada.
Ferramenta de consulta
Durante a reparación, o paso seguinte aparece diante, sen soltar a ferramenta.
Sinxela, modular e escalable
Modular
Actualízase sen desenvolver desde cero.
Evoluciona co taller
O técnico engade notas, fotos e vídeos en cada paso desde as gafas, e quedan gardados para o seguinte.
Interface sinxela e cómoda
Sen mandos: guía paso a paso.
Como se implanta
Gafas + a nosa aplicación
Sen cables
Sen internet
Sen ordenador
Os datos non saen da planta
Para cada caso novo partimos de modelos 3D, imaxes e vídeos do equipo. Montamos os pasos e a simulación co técnico experto do cliente e probámolo no seu taller cos seus técnicos.
Escalable a outras plantas e sectores.
Realidade mixta: o virtual sobre o real
Realidade estendida (XR)
RealidadeTodo é real
Realidade aumentadaO virtual sobre o real
Virtualidade aumentadaO real dentro do virtual
Realidade virtualTodo é virtual
Realidade mixta
Continuo de Milgram e Kishino (1994)
SVH traballa en realidade mixta: o operario ve o seu taller real e, enriba, a máquina simulada e os pasos.
Outros módulos de SVH
Prototipo
Asistente de Recoñecemento Intelixente - ARI
Recoñece pezas e ferramentas coa cámara das gafas, para confirmar que o técnico ten diante o que toca. Procésase en local.
Immersive Space
Datos de sensores da planta sobre o entorno real.
Cada implantación adáptase aos equipos e procedementos da planta.
Preguntas frecuentes sobre SVH
Que é SVH (Smart Visual Hybrid)?
Unha aplicación de ForxaXR Lab para gafas de realidade mixta que recrea a máquina e os pasos de cada procedemento, para que os operarios de mantemento practiquen as operacións de risco e as consulten durante a reparación.
Por que non un vídeo ou un manual?
Coas mans ocupadas dentro dun equipo, o paso seguinte telo diante sen soltar a ferramenta. E practícase sobre a máquina simulada, sen pararla nin arriscar nada.
Como se crea un procedemento novo?
Facémolo co técnico experto do cliente: recollemos como o fai, montamos os pasos e a simulación e probámolo no seu taller.
Como se actualiza se cambia o proceso?
Por módulos, sen refacelo. E o propio técnico engade desde as gafas fotos, notas e vídeos en cada paso.
Precisa internet ou pasar por IT?
Non para comezar: funciona só nas gafas, sen internet. A imaxe non sae da planta. A integración con outros sistemas, se se quere, vén despois.
Só serve para formar?
Non: serve para practicar antes e para consultar paso a paso durante a reparación real.
Acéptano os operarios?
No piloto usárono os técnicos do taller sen problema. Vese o entorno real, así que apenas marea, e caben unhas gafas graduadas. As sesións son curtas.
Tes unha reparación crítica e pouco frecuente?
Piloto funcional rematado nun taller real. Buscamos novas plantas onde seguir probándoo.
Ensinámosche SVH funcionando e vemos contigo se o teu caso encaixa.